As súas obrigas

SUS OBLIGACIONES

PDF Obrigas das entidades de xestión.

As entidades de xestión de propiedade intelectual (para coñecer que entidades de xestión operan preme nesta ligazón, para coñecer que operadores de xestión independentes operan preme nesta ligazón) dedícanse á xestión de dereitos de explotación e outros de carácter patrimonial, por conta e no interese de autoras, autores e outros titulares de dereitos de propiedade intelectual.

Esta xestión pódena realizar en nome propio, a respecto dos seus socios ou en nome alleo, cando actúan en representación de entidades de xestión estranxeiras.

A Lei de Propiedade Intelectual establece obrigas ás entidades de xestión colectiva e aos operadores independentes, a respecto do contrato e da recadación. Tamén esixe a concesión de autorizacións non-exclusivas e a transparencia na información. Ademais, regula novas obrigas na concesión de licenzas multiterritoriais en liña.

O CONTRATO

O contrato outorga ás entidades de xestión a tarefa de xestionar no teu nome os teus dereitos exclusivos

  • O contrato é voluntario.
  • Só se aplica a dereitos exclusivos.
  • Á entidade de xestión non lle fai falta que asines un contrato para a xestión dos teus dereitos non-exclusivos. Tampouco para a recadación dos dereitos compensatorios.
  • O contrato ten unha duración de 3 anos. Ao finalizar este período podes renovalo de ano en ano.
  • O contrato pódese revogar (Queres coñecer as opcións de revogación?).
  • O contrato asínase para cada tipo de dereitos, non se pode asinar para todos os dereitos nin para xestionar obra futura.
  • Asínase para territorios concretos.
  • A sinatura do contrato dáche unha serie de dereitos como membro da entidade de xestión (Queres saber que dereitos tes como socia/o?).

É totalmente compatible a autoxestión ou xestión individual dos dereitos exclusivos coa xestión colectiva obrigatoria dos dereitos non-exclusivos e co cobramento dos dereitos compensatorios.

AS LICENZAS

  • A entidade de xestión ten a obriga de conceder licenzas a usuarios que utilicen obras creativas na súa actividade económica. Infórmate aquí dos principios aplicables á súa xestión
  • Deben informar dos dereitos que están xestionando, das súas tarifas, do seu repertorio de obras e artistas, e das formas de pagamento.
  • Atendendo ao uso efectivo, pagarase polo número de horas (horario no que un bar está aberto ao público) ou o número de usuarios que realicen a actividade (número de persoas que reciben clases de baile).
  • A intensidade e relevancia do uso: porque non é o mesmo que se escoite música nunha perruquería, onde o uso é secundario e non é a actividade principal, ca nunha discoteca, onde a música é un elemento principal da actividade económica.
  • O volume do repertorio: unha entidade de xestión con máis anos de funcionamento e máis repertorio pode ter tarifas máis elevadas.
  • Os ingresos económicos obtidos pola explotación do repertorio: porque non é o mesmo facer un espectáculo musical nunha voda ca usar un fío musical nun restaurante.
  • O valor económico do servizo que realiza a entidade de xestión: unha entidade con máis anos de funcionamento e máis repertorio pode ter tarifas máis elevadas.
  • As tarifas doutras entidades de xestión en territorio europeo: unha entidade europea pode ser referencia; aínda que en Europa cumpren coa directiva, por que aquí non?
  • Teñen a obriga de ASINAR ACORDOS SECTORIAIS con asociacións empresariais representativas.

A RECADACIÓN E A REPARTICIÓN

A entidade de xestión ten a obriga de repartir as cantidades recadadas polo cobramento de licenzas exclusivas, licenzas non-exclusivas e dereitos compensatorios.

Aínda que non sexas socia/o, a entidade de xestión está obrigada a xestionar no teu nome os dereitos non-exclusivos e os dereitos compensatorios.

  • A entidade de xestión ten a obriga de repartir o diñeiro recadado con criterios obxectivos e razoables.
  • Pode aplicar descontos especiais, por exemplo, a asociacións sen ánimo de lucro, ou destinar parte da devandita recadación a fins asistenciais, sociais e culturais.
Tipos de desconto e opcións de uso do diñeiro recadado pola entidade de xestión
  • A recadación é obrigatoria en licenzas non-exclusivas, tanto para autoras/es socias/os como para non-socias/os.
  • Ten a obriga de identificar e localizar autoras/es non-socias/os; se non es membro, podes reclamar nos 5 anos seguintes ao da recadación.
  • Algunhas entidades de xestión teñen a obriga de recadar polos dereitos compensatorios.
Obrigas a respecto de cada dereito.

TRANSPARENCIA… e máis transparencia

A entidade de xestión ten a obriga de facilitar información na súa web ás persoas socias, ás non-socias e a outras entidades. É transparente a túa entidade?

A entidade de xestión ten a obriga de facilitar a seguinte información:

  • Datos dos titulares que o autorizasen
  • Dereitos recadados
  • Importes aboados
  • Deducións aplicables
  • Dereitos pendentes de pagamento
  • Tipos de creacións que xestiona
  • Tipos de dereitos a xestionar
  • Territorios de xestión

E está obrigada a publicar na súa web a seguinte información:

  • Estatutos sociais
  • Contas anuais
  • Informe anual de xestión
  • Informe anual de transparencia
  • Órganos de representación e dirección, e retribucións
  • Acordos sectoriais asinados con asociacións de usuarias/os (publicados aos 10 días da súa sinatura)
  • Tarifas xerais completas e vixentes
  • Acordos con outras entidades de xestión
  • O repertorio da entidade de xestión
  • O regulamento aplicable á repartición de dereitos
  • Os descontos de xestión e doutro tipo deducibles da cantidade obxecto de repartición
  • Listaxe de obras e prestacións non-aboadas
  • Política xeral de uso dos importes non-aboados
  • Sistema para as queixas e reclamacións
Listaxe de incumprimentos especialmente graves.

LICENZAS MUSICAIS MULTITERRITORIAIS

A entidade de xestión ten a obriga de negociar cos provedores en liña de obras musicais (ligazón á listaxe de provedores) unhas tarifas equitativas e razoables, consonte criterios concretos.

Back To Top

Somos artistas, xornalistas, músicos, artistas gráficos, entidades que nos dedicamos ao sector audiovisual e publicitario… Somos persoas, profesionais e empresas afectadas pola xestión colectiva dos dereitos de autor.

Contacte connosco

San julián, nº 22 local Navarra
31171 España
Tel: +34 948 32 13 99
Mov: +34 619 322 210
info@intangia.es

Social